Convocatoria aberta de Mail Art

CONVOCATORIA ABERTA DE MAIL ART

TEMA: CULTURA TRADICIONAL
O legado de Antonio Fraguas

O noso centro leva o nome de Antonio Fraguas, figura senlleira da cultura galega e a quen se lle dedican as LETRAS GALEGAS 2019. Por iso decidimos abrir unha fiestra ao mundo con esta convocatoria de mail art (a primeira que facemos) co obxecto de facilitar a comunicación artística e cultural, sen perder de vista o marco educativo no que se vai desenvolver, dentro das actividades múltiplas da Semana Cultural.IMG_1555.PNG

O tema proposto para esta convocatoria de arte postal, a cultura tradicional, permitirá a todos os participantes poñer en valor os elementos constitutivos da súa cultura e as súas tradicións, fortalecendo en moitas ocasións a descuberta das súas raíces, a importancia da memoria e o respecto aos máis vellos como depositarios da sabedoría popular.

As persoas máis vencelladas a Galicia, e todas aquelas que así o desexaren, poderán incorporar á súa obra artística aqueles aspectos do legado de Antonio Fraguas que consideren do seu interese: antropoloxía, etnografía, patrimonio cultural, etc. Nas seguintes ligazóns podedes ampliar a información.

http://www.museodopobo.gal/web/index.php?lang=ga

http://www.museodopobo.gal/web/fraguas_figura.php?lang=ga

http://museodopobo.gal/web/deac-materiais.php?lang=ga

http://museodopobo.gal/web/uploads/files/Antonio%20Fraguas.pdf
Realizarase unha exposición no centro cos traballos recibidos. Ao mesmo tempo, expoñeranse de maneira virtual no noso blog, no que aparecerá tamén unha relación dos participantes.
Por favor, participade e difundide a proposta.

NORMAS PARA PARTICIPAR
Técnica: Libre.
Unha obra por autor.
Tamaño MÁXIMO: A4.
Data límite: Até o 21 de marzo de 2019.
Sen xurado.
Sen premios.
Sen devolucións.
Por detrás das obras deberanse indicar os datos dos artistas.
Envíos por correo postal a

Lola Sanz
IES Antonio Fraguas
R. Londres, 10
15707 Santiago de Compostela
A Coruña. España.

 

 

Coordinan: Lola Sanz, Manuel Rey, Santiago Sanjurjo, Darío Doval, Carlos Aragunde e Patricia Alonso.

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar